Título Portugueses no Sur de Lugo. Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional
Autor José Daniel Arias Fernández
Orientadora Antía Pérez Caramés
Data 2011
Institutição Universidade da Coruña
Grau Mestrado
Área Migrações internacionais
URI https://fr.scribd.com/doc/82931475/Fin-de-Danil
Resumo
Os fluxos migratorios entre estados son unha realidade especialmente dinámica e influenciada por múltiples factores de maior ou menor envergadura. Un dos grandes factores de influencia nas migracións entre estados é sen dúbida a veciñanza, por motivos obvios; tamén o son as desigualdades socioeconómicas entre estes, no punto en que conflúen as dúas variábeis, achegamento cultural e territorial, así como desigualdade socioeconómica, nun mesmo caso; o lóxico e o habitual é que se produzan grande número de movementos migratorios dun estado para o outro. Como casos paradigmáticos desta situación, nomeadamente no que se refire a movemento migratorios por situacións de desigualdade económica, podemos destacar os casos dos mexicanos nos E.U.A, os albaneses na Grecia ou os marroquís en España (Moré, 2007). O mesmo acontece cos portugueses no Reino de España; caracterizándo se dun xeito especialmente significativo, e cunhas peculiaridades especiais, na Comunidade Autónoma de Galiza.Galiza é a comunidade con maior proporción de inmigrantes portugueses, polo que este proxecto versará sobre a realidade dos inmigrantes portugueses na Comunidade Autónoma de Galiza, centrándo se máis especificamente nun espazo concreto do territorio, as comarcas de Courel-Quiroga e Terra de Lemos. Estas comarcas, son contiguas e sitúanse nunespazo rural, interior e situado a aproximadamente 100 km da fronteira galegacon Portugal.